Atrás A lenda

Nove séculos despois da morte de Rodrigo Díaz de Vivar e oito séculos despois de poñer por escrito as lendas sobre as súas fazañas no Cantar de mio Cid, o personaxe segue sendo un paradigma do heroe que suscita fascinación e constitúe un modelo de referencia.

Sello emitido en 1962. Estatua A. Huntington

Moitos dos feitos e fazañas que se lle atribúen ao Cid xamais existiron, pero contribuíron á consagración do mito. O Cid era o heroe que necesitaba a cristiandade hispana da Idade Media debido ao contexto histórico: tempo de cruzadas, época de reconquista e de avances cara ao sur.

O personaxe histórico que inspirou a lenda, Rodrigo Díaz de Vivar naceu no pobo de Vivar (Burgos) cara a 1043 e iniciou a súa vida de cabaleiro a finais do reinado de Fernando I. Estivo ao servizo dun dos fillos do monarca: Sancho II, rei de León e, despois da súa morte, de Afonso VI. Casa coa nobre leonesa Ximena Díaz, filla do conde de Oviedo, quen descendía dos reis leoneses. En 1081 sae exiliado tras unha falsa acusación de roubo e ofrécese ao servizo dos reis musulmáns de Zaragoza. En 1088 volve do exilio a Castela para derrotar máis tarde o rei de Aragón e o conde de Barcelona, ata que en 1094 conquista todo un reino e se converte en señor de Valencia.

Sello emitido en 1962. Estatua J. Cristóbal

Unha vida que mereceu entrar na historia, a literatura e a arte.

A FNMT-RCM quixo renderlle homenaxe a esta obra mestra da literatura española medieval cuñando unha colección composta por tres moedas de 8 reais de prata de 10 € de valor facial, un cincuentín de prata de 50 € de valor facial, e unha moeda de 4 escudos de ouro de 200 € de valor facial.

Ver Colección