Aviso legal

  1. A FNMT-RCM resérvase os dereitos de reproducción, distribución, transformación, comunicación pública, mantemento, corrección de erros, cesión, venda, aluguer, empréstito e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial que lle poida corresponder sobre o contido da súa páxina Web. Queda prohibido o exercicio dos anteriores dereitos, por terceiros, con independencia do medio ou forma no que se produciran, sen a autorización previa e escrita da FNMT-RCM.

    A Web da FNMT-RCM réxese polas leis españolas e atópase protexida polas leis españolas e internacionais sobre propiedade intelectual e industrial. O contido desta Web: texto, imaxes, signos, gráficos, etc, ten a consideración de programa de ordenador e lle é de aplicación toda a normativa española vixente.

  2. A FNMT-RCM non se fai responsable dos problemas técnicos, fallos mecánicos ou virus nos sistemas informáticos (software e hardware) ou nos documentos e ficheiros electrónicos almacenados nos equipos informáticos producidos durante a conexión á rede Internet, sexa a través da Web da FNMT-RCM ou de Webs de terceiros.

    Asemade, non será responsable das posibles infraccións que en materia de propiedade intelectual ou industrial puidese cometer calquera usuario desta páxina.

  3. A FNMT-RCM pode conter enlaces con páxinas Web ou portais operados por terceiros. A FNMT-RCM, resérvase o dereito de aceptar as suxestións sobre novos enlaces que podan efectuar os usuarios visitantes. A aceptación destas suxestións non xerará ningún dereito nas persoas que as efectuaran.

    A FNMT-RCM recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas a esa Web, pertencen aos seus respectivos autores e propietarios. A petición de calquera dos autores ou propietarios, o enlace ou enlaces serán retirados o antes posible.

    A FNMT-RCM non se fai responsable dos contidos das páxinas enlazadas nin necesariamente comparte ou promove ningunha das opinións ou ideas expresadas nelas.

  4. A FNMT- RCM cumpre a normativa vixente en España en materia de protección de datos de carácter persoal, conforme ao Regulamento Xeral de Protección de Datos [REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, do 27 de abril de 2016- RGPD], a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e resto de normativa relacionada en vigor.
  5. A FNMT-RCM resérvase o dereito a modificar o contido e elementos que integran a súa páxina Web, sen necesidade de o comunicar previamente, cando o estime pertinente, de acordo co exercicio dos seus servizos.
  6. Os usuarios da Web da FNMT-RCM poderán descargar, visualizar e imprimir información contida en dita páxina, única e exclusivamente para fins personais e non comerciais. Prohíbese a colocación ou a transmisión de toda materia ilícita, ameazadora, calumniosa, difamatoria, obscena, escandalosa, pornográfica ou blasfema, ou calquera materia que puidese constituir ou inducir a condutas que se poderían tipificar como delicto, ocasionar responsabilidade civil, ou vulnerar calquera lei.
  7. A denominación de Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, o logotipo da M coronada, as marcas de produtos e servizos son marcas rexistradas pola FNMT-RCM, e son da súa creación, constituíndo asemade, dereitos de propiedade intelectual de titularidade desta Entidade.
  8. Para cantas cuestións se poidan derivar en relación cos contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos na presente páxina, será de aplicación a lexislación española, sendo competente igualmente os Tribunais de Madrid (capital), renunciando o usuario expresamente a calquera outro foro que lle puidese corresponder.