Certificación Dixital

Certificación Dixital

A FNMT-RCM, como Provedor de Servizos de Certificación a través de CERES, estableceu unha serie de aplicacións que permiten á Administración, aos cidadáns e ás empresas españolas realizar os seus trámites a través de Internet de forma totalmente segura. As novas solucións de certificación e autenticación de identidade dixital que ofrece a FNMT-RCM, proporcionan validez e seguridade ás transaccións electrónicas.

Certificación de sinatura electrónica

O sistema de certificación de sinatura electrónica establecido pola FNMT-RCM é un intermediario transparente ao cidadán, de fácil uso, que ofrece alta dispoñibilidade e gran capacidade de acceso concorrente para os usuarios da rede. Este sistema xa está operativo con diversas aplicacións en funcionamento e numerosos organismos en fase de incorporación ao sistema.

Os certificados emitidos pola FNMT-RCM son de uso xeral e, polo tanto, universais, cada cidadán pode comunicarse coas diferentes administracións cun único certificado.

Como obter o seu Certificado Dixital FNMT de Persoa Física

Obtena o seu certificado dixital

Servizos de Certificación

Ademais do popular sistema de certificación de sinatura electrónica, a FNMT-RCM a través de CERES ofrece diferentes servizos de certificación. Atendendo á entidade final que vai ser certificada, ou ao obxecto da certificación, emítense certificados de identidade de usuarios, xa sexa para uso corporativo ou particular, certificados de compoñentes informáticos e certificados de sinatura de software.

Ademais dos servizos típicos dunha entidade certificadora, a FNMT-RCM a través de CERES tamén ofrece servizos avanzados de terceira parte de confianza como selado de tempo, servizos de non repudio, certificación e arquivo de mensaxes, etc.

A continuación ofrecémoslle unha listaxe dalgúns dos nosos servizos de certificación:

Proxecto CERES

O proxecto CERES (Certificación Española) liderado pola FNMT-RCM consiste en establecer unha Entidade Pública de Certificación, que permita autenticar e garantir ao carácter confidencial das comunicacións entre cidadáns, empresas ou outra institucións e administracións públicas a través das redes abertas de comunicación.

Més informació sobre CERES