Etiquetas de Seguridade

Etiquetas de Seguridade

A etiqueta de seguridade ten por obxecto asegurar a protección do consumidor cara a calquera tentativa de fraude. A través dun correcto etiquetado, visible e seguro, os cada vez máis esixentes consumidores teñen a certeza da lexitimidade do produto adquirido.

Continuando coa filosofía da calidade total que caracteriza todo o seu labor, a FNMT-RCM dispón dunha liña de negocio centrada no campo das etiquetas de seguridade, que goza dunha grande aceptación e prestixio.

Imagen de nuestra etiqueta genérica

Investigación e técnica

O continuo labor de investigación que a FNMT-RCM leva a cabo no campo específico das etiquetas de seguridade, posibilita unha mellora continua destes produtos, o que permite ofrecer ao cliente novas solucións en canto a soportes, tipos de impresión, elementos de seguridade, etc.

Solucións posibles

A FNMT-RCM realiza unha gran variedade de etiquetas que comparten dúas características:

  • Seguridade: polas diferentes tecnoloxías aplicadas.
  • Garantía: sinal de identidade de todos os produtos da FNMT-RCM.

Entre as solucións posibles atópanse as seguintes:

  • Etiquetas que garanten a calidade dos produtos agro alimentarios, como as utilizadas polos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe.
  • Selos Notariais e Etiquetas Sanitarias.
  • Selos de lexitimación e de garantía.
  • Certificados de Seguridade "Securlab".
  • Etiquetas de identificación e protección de marca para produtos téxtiles, soportes electromagnéticos, etc.

Datos de contacto do Departamento de Vendas

  • Tel.: +34 91 566 68 13
  • Fax: +34 91 504 33 86
  • e-mail: comercial.nacional@fnmt.es