Introdución

Co acuñamento da que foi a derradeira moeda de cen pesetas, o 19 de xuño de 2001 púxose fin á emisión da peseta, transformando pranchas e cuños en pezas de museo para a memoria do futuro. Así, o 1 de marzo de 2002, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) inauguraba un novo período da súa propia historia do acuñamento, facendo posible que os españois convivamos decotío co euro.

Desmonetización da Peseta (PDF - 283 KB)

Merecida Homenaxe

1 peseta II República de 1933, 1 peseta Franco 1943

O adeus á peseta comezou co acuñamento da moeda de uso máis cotián, a de cen pesetas, e a xa clásica conmemorativa de prata, a moeda de dous mil. Ambas as dúas reproducen a imaxe de Hispania, que encabezou a primeira emisión de pesetas en 1869.

Unha despedida definitiva, unha homenaxe para sempre que o Ministerio de Economía, a Dirección Xeral do Tesouro, o Banco de España e a propia Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda quixeron brindar, para poñer ao alcance de todos a derradeira unidade monetaria española. Unha edición única, un anaco da historia dispoñible na FNMT-RCM, desde entón.

Historia: Saber máis

5 pesetas de 1871, 10 céntimos de 1870

O percorrido dunha moeda está ligado á historia do seu país e aos acontecementos do momento da súa circulación. A peseta, a derradeira moeda circulante en España ata o establecemento do sistema monetario único europeo, naceu en 1868 durante o Goberno Provisional. Circulou durante máis de cen anos que a impregnaron de historia española.

Convidámoste a coñocer toda a historia e... ¡pásate polo Museo Casa da Moneda!, onde poderás contemplar a historia de España reflectida no seu diñeiro.

Moedas

Cada moeda arrastra consigo un pequeno e singular anaco da historia. As moedas foran testemuñas de excepción, medios de expresión, vehículos de ideoloxías de cada un dos episodios que conforman a historia dun país, constituíndo un valioso e querido tesouro, de moito máis valor que o estampado no reverso.

1 peseta de 1944, 1 peseta en plata de la II República, 20 pesetas de 1904

Nacemento

1ª peseta de España 1869

O 19 de outubro de 1868 nace a peseta como unidade monetaria por decreto do Goberno Provisional tras o derrocamento de Isabel II. Este mesmo goberno decide centralizar toda a produción na Ceca* de Madrid, orixe do que é hoxe a FNMT-RCM. Desde entón acuñáronse na Fábrica todas e cada unha das pesetas que circularan ata a aparición do euro.

Cada peseta agocha as súas pequenas dimensións, a historia, a política, a relixión, a economía e máis a arte do instante no que se acuñou. A peseta alberga 134 anos de historia de España concentrada.

(*) Nome orixinario das casas de moeda.

Nome

1 peseta de 1944

A elección do nome debeuse principalmente á súa familiaridade de uso. Algunhas denominacións como marabedí, real, escudo, etc... quedaron sepultadas baixo o termo peseta, comunmente utilizado no período de Isabel II. Semella ser ademais, que xa en Cataluña circularan pesetas desde antes da Guerra da Independencia.

Primeiras moedas

1 peseta del Gobierno Provisional 1870

Anverso

A primeira peza acuñada en 1869 á a unidade. Nace coa lenda de "Goberno Provisional" no anverso, en lugar de "España", que figurará nos seguintes acuñamentos e nos valores en prata. O motivo elixido foi a personificación de Hispania apoiada sobre os Pirineos, inspirada nas moedas do emperador Adriano. Pola súa parte, o bronce representaba a España como matrona sentada sobre as rochas. Ambas as dúas foron magnificamente gravadas por Luis Marchionni, que, desde 1861, ocupaba o cargo de gravador principal da Casa da Moeda de Madrid.

Reverso

O reverso dispúxose en prata co escudo de España. Mentres o bronce expoñía a figura dun león rampante sostendo o escudo, imaxe que deu pé á popular denominación de "perra gorda" ou "perra chica", dado que a xente veu un can onde figuraba un león. Tras un concurso internacional, extraéronse tres bosquexos distintos que serviron de inspiración para o modelo definitivo de Luis Marchionni.

Iconografía

Ao longo da existencia da peseta como sistema monetario, o deseño evolucionou marcado polas impresións de cada momento e en moi distintas direccións.

Desde a orixe

Segundo o establecido en 1869 mantense no reverso o escudo nacional de España, ao que se irán agregando modificacións. Nos anversos substitúese a presenza de Hispania pola efixie real.

A Segunda República marca a ruptura tipolóxica, introducindo motivos de inspiración republicana que ían coa condición do novo goberno. En ocasións os modelos xorden pouco elaborados pola urxente necesidade de acuñamento.

A chegada ao poder do xeneral Franco supón un xiro neste sentido, introducindo un retrato modelado en 1947 por Benlliure e adaptado por Manuel Marín. O retrato de madurez débese a Juan de Ávalos.

Ata os nosos días

A democracia manterá os tamaños e valores incorporando a imaxe do rei don Juan Carlos I así como o Escudo Real. Porén, desde 1990, os tipos renóvanse cada ano en pos dunha intención conmemorativa que puxo fin á tradición exclusivamente monárquica, dando entrada a motivos culturais, artísticos ou locais.

Valores

25 cts Alfonso XIII de 1927, 20 pts Alfonso XIII de 1904

Os catorce valores inicialmente previstos non chegarán a materializarse ata o reinado de Alfonso XIII, onde se substituíron os metais preciosos por novos metais e aleacións, provocando a perda da paridade entre o valor intrínseco e o nominal. Aínda así, os acuñamentos de ouro mantivéronse ata 1904 e en prata ata 1933. Esta última deu paso á peseta amarela de latón coñecida popularmente como "la rubia". A partir de ese momento os acuñamentos baseáronse en cobre, aluminio e níquel e os deseños foran combinando todo tipo de aleaxes e tamaños.

A partir de 1989 e por razóns puramente económicas, que se engaden ao interese dos coleccionistas, sucédense ininterrompidamente acuñamentos en metais preciosos. O acto simbólico do último acuñamento da moeda de cen pesetas constitúe a fin da historia da peseta, as idas e vindas, as caras e os reversos da querida moeda.

Billetes

Historia estampada

A chegada do euro pon fin a unha parte da historia do papel moeda, a era da peseta, séculos de lenda escrita e estampada nos billetes ao longo dos innumerables capítulos da historia de España.

Sistema monetario actual, billetes de euro

Primeira emisión

Billete de 500 ptas de 1884

A primeira emisión de papel moeda en pesetas realízase en xullo de 1874. Coincide coa concesión ao Banco de España do dereito de exclusividade para emitir billetes. Superado este primeiro capítulo, o volume de billetes crecerá incesantemente como reflexo do crecemento económico do país. Salvo ao longo da Guerra Civil, período marcado por problemas de escaseza onde proliferaron todo tipo de medios de pagamento, a emisión de billetes mantívose nun crecemento estable acorde coa economía do país, formando parte da vida cotiá dos españois, como sinal de identidade nacional.

Fabricantes

En primer plano billete de 25 ptas de 1936, detrás nueva estampación del billete de 1936

A primeira emisión a cargo da FNMT-RCM será a do 21 de outubro de 1940. Ata entón, os talleres do Banco de España e distintas empresas británicas, americanas e alemás encargáranse da fabricación do papel moeda.

Desde 1941, a FNMT-RCM exerceu en exclusiva o proceso de produción de papel moeda español. A partir de xaneiro de 2002, o futuro aparece enmarcado pola estreita colaboración da entidade co Banco Central Europeo e outros fabricantes europeos.

Técnica e seguridade

Billete de 5.000 pesetas de 1976

Historicamente, a impresión calcográfica foi a máis difícil de falsificar. Esta técnica emprégase para estampar a viñeta principal e as orlas decorativas, combinándose con impresións tipográfica e litográfica para as restantes partes do billete. Os métodos de reprodución do gravado orixinal perfeccionáronse cos anos, pero a figura do gravador segue sendo decisiva.

Outros elementos como a marca de auga, tintas, pequenas fibras, fíos e filamentos incorpóranse para reforzar a seguridade do billete.

Iconografia

Billete de 1 pta de 1953

Cada billete quixo render homenaxe a un feito significativo, a unha personalidade ilustre, a unha magnífica obra de arte. Desde monarcas, pintores, escritores, científicos, ata monumentos, pasaxes literarios ou acontecementos como o Descubrimento de América, desfilaran polos anversos e reversos dos billetes, reflexo fiel do sentimento, a cultura e a expresión artística do país.