Documentos de Identificación

A FNMT-RCM é responsable da fabricación de documentos fundamentais na vida do cidadán que garanten a súa identidade e lle recoñecen aptitudes e dereitos. A autenticidade destes documentos e o carácter confidencial dos datos é fundamental nun estado de dereito. Fabricar documentos protexidos contra a falsificación e manipulación, producidos nun ambiente seguro, coa máxima garantía e calidade, é unha das actividades características da FNMT-RCM.

Protección contra a falsificación

Para evitar a falsificación, a FNMT-RCM incorpora aos documentos de identificación os máis avanzados sistemas en seguridade gráfica: papeis especiais con marca de auga, pequenas fibras luminescentes e fío de seguridade, impresións en iris, calcografía, tintas OVI, gravados con láser, ou dispositivos opticamente variables, entre outros.

Protección contra a manipulación

Para evitar a manipulación fraudulenta dos datos consignados en documentos expedidos legalmente, o DNI, a Tarxeta de Estranxeiría, o Permiso de Conducir e o Pasaporte, empréganse plásticos de seguridade que non se poden despegar sen que o documento quede inutilizado.

Protección de datos

Cando os documentos, este é o caso do DNI, do Permiso de Conducir e da Tarxeta de Estranxeiría, se personalizan na FNMT-RCM, os datos manéxanse con todas as garantías para o cidadán e cumprindo toda a lexislación que hai para o respecto.

Elementos de seguridade

Os modernos sistemas de identificación son a mellor garantía para asegurar a autenticidade dos datos persoais, contando cos maiores niveis de seguridade física e lóxica que dificultan enormemente as falsificacións e usos fraudulentos.

Para iso conta coas máis avanzadas técnicas e elementos de seguridade:

  • Impresión codificada
  • Microimpresión
  • Impresión só visible á luz ultravioleta
  • Tintas e elementos opticamente variables
  • Guilloches
  • Impresión efecto iris
  • Microprocesador
  • Elementos de comunicación por radiofrecuencia

Política de calidade

Os procesos de fabricación destes documentos, que están totalmente automatizados, contan coas tecnoloxías máis novidosas e os máis estritos controles de calidade e seguridade. Todo iso asegura a ausencia de defectos nos produtos entregados ao cliente e unha garantía plena para o usuario final.

Documentos característicos

A FNMT-RCM está encargada da produción da maioría dos documentos de identificación que necesita o cidadán: