Innovación

Innovación

Os produtos e servizos da FNMT-RCM caracterízanse polo saber facer e a experiencia adquirida ao longo da súa existencia.
Á súa longa tradición súmase a aposta pola tecnoloxía, o que leva a unha evolución constante que se reflicte na súa capacidade de fusionar tradición e modernidade, co que se acadan produtos únicos e inimitables.

As súas liñas de fabricación están dotadas dos medios técnicos máis avanzados, froito dun permanente traballo de investigación que segue dúas estratexias: a continua revisión e posta ao día das tecnoloxías tradicionais e a entrada en novos ámbitos de fabricación, como as tarxetas intelixentes ou a certificación electrónica, que requiren contornas de alta seguridade.

Froito desta constante actualización tecnolóxica xorde a participación da entidade en iniciativas como Internet of Things, Smart Cities ou Smart Grids.