Enxeñeria e I+D+i

Enxeñería e I+D+i

Enxeñería e I+D+i leva a cabo un importante labor de busca de novas formas e tecnoloxías que aplicar aos produtos ofrecidos pola FNMT-RCM, permitindo a adaptación ao mercado e o cumprimento das necesidades duns clientes cada vez máis exixentes. Así mesmo, traballa para obter novos produtos e equipos para engadir aos que xa ofrece a FNMT-RCM.

Liñas de actuación

I+D+i ten que facer fronte a unha gran variedade de produtos e liñas de actuación. Como liñas xerais destacan:

  • Documentos de Identificación
  • Billetes e documentos de valor
  • Equipos de medida, verificación e control
  • Equipos de fabricación a medida dos productos da FNMT-RCM
  • Formación específica sobre documentos e elementos de seguridade

Labor investigador

Todo o labor de investigación e desenvolvemento lévase a cabo desde o Departamento de Enxeñería e I+D+i, departamento que se compón polas áreas de Laboratorio, I+D+i e Preimpresión. Só cun equipo multidisciplinar é posible levar a cabo tan amplo desenvolvemento nas diferentes liñas de actuación da FNMT-RCM.

Oferta comercial

A partir do coñecemento das nosas liñas de actuación, pódese ver que I+D está en disposición de estudar solicitudes de novos desenvolvementos, para tratar de preparar un proxecto completo que satisfaga as necesidades dos clientes.