Smart Cities

Cidades intelixentes

As cidades intelixentes son o resultado da necesidade de orientar a nosa vida cara á sustentabilidade e a habitabilidade.

Así, estas cidades sérvense de infraestruturas e tecnoloxías punteiras como Internet das Cousas, para diminuír o consumo enerxético ou reducir as emisións de CO2, así como para mellorar a información que se lle ofrece en tempo real á cidadanía, para que a súa interacción coa cidade sexa o máis sinxela e agradable posible.

A utilización de paneis fotovoltaicos nas vivendas, o incremento do número de medios de transporte e vehículos eléctricos, o uso de paneis solares para semáforos ou sinais, a promoción do uso de bicicletas… As Smart Cities utilizan variedade de recursos e todos estes pequenos actos levan unha cidade a se converter en máis eficiente e sustentable.

Hai diferentes parámetros polos que se valora máis unha cidade ca outra. Para iso considéranse dez dimensións que son clave: goberno, planificación urbana, xestión pública, tecnoloxía, medio ambiente, proxección internacional, cohesión social, mobilidade e transporte, capital humano e economía.

Calcúlase que para o ano 2050 o 60 % da poboación mundial vivirá en macrocidades con decenas de millóns de habitantes. Se xa nos custa xerar, coordinar e racionalizar correctamente os recursos que temos nas grandes cidades españolas (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga ou Bilbao), cuxas cifras de habitantes non superan, no maior dos casos, os 7 millóns, a transformación dixital destas urbes farásenos non só necesaria senón vital en poucas décadas e a FNMT-RCM será parte diso.

Coa colaboración de...

Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales