Política de calidade

A política de calidade pretende proporcionar un marco de referencia que permita establecer e revisar os obxectivos da empresa, para mellorar a rendibilidade económica e social obtida, a curto e longo prazo, mediante a satisfacción das necesidades e expectativas das diferentes partes interesadas na nosa actividade: clientes e usuarios dos nosos produtos e servizos, empregados, provedores e socios, o Estado como propietario, e a sociedade en xeral, a través da mellora...

... da satisfacción de clientes e usuarios finais...

  • Identificando as súas necesidades e expectativas, e asegurando o cumprimento dos seus requisitos.
  • Achegándolles solucións innovadoras e deseñando novos produtos que satisfagan e superen as súas expectativas.
  • Escoitando a súa opinión e as súas queixas, transmitíndoas a toda a empresa, empregando esta información para a mellora continua.
  • Solucionando de forma áxil e satisfactoria os problemas que poidan presentarse.

... da satisfacción dos empregados...

  • Facilitándolles a formación, a información e os medios necesarios para a realización do seu traballo.
  • Mellorando as condicións de seguridade no traballo, mediante a prevención de riscos. 
  • Favorecendo a comunicación interna "cara abaixo", informando sobre os obxectivos da empresa e o que se espera de cada un.
  • Facilitando a comunicación interna "cara arriba", fomentando a participación e suxestións para lograr a mellora continua.

... da satisfacción dos nosos provedores e socios...

  • Seleccionando provedores e socios clave cos que poder establecer alianzas duradeiras.
  • Compartindo coñecementos e establecendo acordos de colaboración que nos permitan participar en proxectos de desenvolvemento conxuntos.

... da satisfacción do Estado como propietario da empresa...

  • Obtendo a rendibilidade, os beneficios e os ingresos adecuados para lograr o equilibrio necesario entre o curto e o longo prazo, que garanta a viabilidade.
  • Mantendo un adecuado nivel de risco no referente a clientes, liñas de negocio e mercados.
  • Mediante a mellora continua da eficiencia e a eficacia dos diferentes procesos da empresa.
  • Establecendo métodos de traballo que permitan previr a aparición de erros.
  • Fomentando o control dos procesos e o autocontrol do traballo.

... da satisfacción da sociedade en xeral...

  • Cumprindo as leis e regulamentos que regulan as nosas actividades.
  • Facilitando produtos e servizos útiles para a sociedade.
  • Comprometéndonos co desenvolvemento sustentable e o respecto ao medio ambiente.