Laboratorio

O laboratorio desenvólvese a mediados do século XX, cando, ademais dos estudos de metais, se empezan a realizar ensaios con papeis e tintas. Na actualidade, a súa actividade é moito máis ampla e responde á necesidade de levar a cabo ensaios e estudos dos numerosos produtos que se fabrican na FNMT-RCM, sen esquecer o labor de investigación encamiñado a mellorar os elementos de seguridade e o asesoramento de institucións tanto públicas como privadas.

Acreditacións

O laboratorio da FNMT-RCM conta coas seguintes acreditacións:

  • Laboratorio Oficial da Administración do Estado.
  • Árbitro de laboratorios de contraste de metais preciosos.
  • Perito técnico ante o Ministerio de Xustiza.
  • ISO 17025 (ENAC). Ensaios de aliaxes monetarias de metais preciosos.

Servizos

O laboratorio presta servizos de ensaio para garantir os produtos fabricados na FNMT-RCM fundamentalmente; non obstante, dado o alto nivel de especialización, estendeu estes servizos cara a clientes externos. Neste sentido efectúanse servizos de ensaio e colabora con bancos centrais, bancos privados, outras casas de moeda e imprentas de seguridade, e é laboratorio de referencia para o control de materias primas en licitacións tanto no ámbito nacional como internacional.

  • Servizo de probas de impresión: obtención de probas de impresión en offset seco e húmido, calcografía, serigrafía e tipografía (numeración), así como a aplicación de foils metalizados.
  • Servizo de análise de soportes e tintas de impresión, control de calidade das materias primas de soportes de papel e polimérico para billetes de banco, precintos de tabaco, de alcohol, selos de correos, títulos universitarios, lotería nacional, etiquetas de seguridade.
  • Servizo de ensaios de documentos de identificación e de pagamento: compróbase a durabilidade, resistencia e calidade de produtos de identificación e de pagamento como pasaportes, documentos de identidade, permisos de conducir, tarxetas de crédito e débito.
  • Servizo de ensaios de billetes de banco e outros documentos de seguridade: compróbase a durabilidade, resistencia e calidade de diversos produtos como billetes de banco con soporte papel e polímero, etiquetas de seguridade, cheques bancarios, cartillas de aforro, precintos de tabaco e alcohol, etiquetas de seguridade e selos de correos.
  • Servizo de ensaios de moedas e metais: realízase a análise de todas as propiedades relativas á calidade das moedas de euro, moedas de colección (metais preciosos), así como de cospeis e de aliaxes metálicas de determinados aceiros de baixa aliaxe e outros metais utilizados en moi diversos produtos do ámbito comercial e de seguridade.
  • Servizo de análises periciais: análise de comprobación de autenticidade de multitude de produtos de seguridade existentes no mercado mediante o cotexo da mostra da que se dubida con mostras de referencia ou orixinais.
  • Servizo de metroloxía, calibración e garantía de calidade: todos os equipos de medida da FNMT-RCM dispoñen dos certificados de calibración apropiados.

Contacto