Outros Documentos

Outros Documentos

A FNMT-RCM realiza para a Administración unha gran variedade de produtos de moi diversa índole que comparten dúas características: a seguridade que lles confiren as diferentes medidas aplicadas e a total garantía que os produtos da FNMT-RCM teñen. Estes produtos, avalados pola FNMT-RCM, ofrecen seguridade e confianza, valores imprescindibles nas relacións entre a Administración e os administrados.

Demostrar a aptitude

Acreditar a aptitude para realizar calquera actividade ou profesión require documentos infalsificables, perdurables no tempo e difíciles de manipular. Este é o caso, por exemplo, de títulos universitarios ou permisos de circulación e de condución de vehículos, nos que a FNMT-RCM utiliza tanto elementos de seguridade como soportes sintéticos para incrementar a súa resistencia ao uso.

Labor de investigación

O continuo labor de investigación que a FNMT-RCM leva a cabo nos seus diferentes campos de traballo permite mellorar continuamente estes produtos e ofrecer ao cliente novas solucións.

Capacidade de produción

Os medios técnicos da FNMT-RCM permiten realizar unha amplísima variedade de traballos con problemáticas moi diferentes:

  • Os Impresos da Renda, pola variedade de modelos e o elevado volume que se fabrica, requiren un exhaustivo control e seguimento do proceso.
  • Tarxetas de Censo Electoral e Entradas a Eventos Deportivos precisan rapidez de resposta, polo que é necesario dispoñer de potentes sistemas de personalización como o empregado para numerar a Lotería.
  • Outros documentos, como os Certificados de Antecedentes Penais e Últimas Vontades elaborados para o Ministerio de Xustiza, necesitan seguridade tanto no soporte como na impresión.

Produtos destacados

  • Títulos Universitarios e Diplomas de Español
  • Pre-títulos de Universidades e Títulos de Funcionarios
  • Permisos de Circulación, Conducción, e Forzas Armadas
  • Licencias de Transporte
  • Acreditacións Príncipe de Asturias e Palma de Mallorca
  • Impresos Renda
  • Tarxeta Censo Electoral e DNI Infantil
  • Certificados Antecedentes Penais e Últimas Vontades
  • Libros e Arquivadores de follas móbiles do Rexistro Civil