Precintos Fiscais

Precintos Fiscais

Os precintos fiscais para as bebidas alcohólicas e máis o tabaco son unha garantía para a Facenda Pública e para o consumidor. Á primeira asegúralle o cobro do correspondente imposto, e ao segundo que o produto que adquire está distribuído legalmente e polo tanto que cumpre cos requisitos de calidade.

Control do mercado

Por se tratar de efectos destinados ao cobro dunha taxa e que serven para controlar o mercado clandestino, os diferentes modelos de precintos fiscais para bebidas alcohólicas e tabaco están numerados e incorporan as medidas de seguridade axeitadas. Para facilitar o traballo das máquinas de envasado entréganse nos formatos axeitados segundo as necesidades das diferentes plantas de produción. O Departamento de Timbre da FNMT-RCM é o encargado da produción dos precintos fiscais.

Produtos ofrecidos

Os diferentes tipos de precintos fiscais, ao incorporar as medidas de seguridade características da FNMT-RCM, son unha garantía ante-ifalsificación para o usuario.

  • Precintos de tabaco
  • Precintos de alcohois
  • Selos de alcohois