Productos Filatélicos

Productos Filatélicos

A primeira emisión de selos española foi realizada polo que é hoxe a FNMT-RCM. Máis dun século de experiencia nesta actividade avala a calidade final e o valor artístico dos seus produtos filatélicos, alcanzando un notable prestixio a nivel internacional como fabricante de selos.

Orixe postal

Ata a aparición dos selos de correos en Inglaterra en 1840, o servizo postal pagábase en destino, circunstancia pola que moitos servizos quedaban sen cobrar. Este novo sistema que impricaba o pagamento en orixe foi revolucionario e estendeuse rapidamente por toda Europa. En España, a primeira emisión de selos de correos non apareceu ata 1850, e foi realizada pola Fábrica do Selo, organismo que xunto á Casa da Moeda son a orixe da FNMT-RCM.

Obxecto de colección

Con independencia do fin para o que foron creados, os selos de correos e os seus derivados son, polo seu valor estético e cultural, un dos obxectos máis coleccionados en todo o mundo e un dos produtos máis tradicionais da FNMT-RCM.

Calidade premiada

Os orixinais deseños e a calidade da impresión fixeron que, como fabricante de selos, a FNMT-RCM goce dun notable prestixio, recoñecido a nivel mundial.

Recentemente, a Government Postage Stamp Printers' Association (GPSPA) concedeu FNMT-RCM dos premios ao mellor selo dos anos 2006-2007, dentro das categorías:

Mellor selo IntaglioArquitectura. Casa Batlló (Barcelona). Impreso a unha cor (intaglio). Emisión do 8 de xuño de 2006. Tirada: 1.000.000. Gravador: Alfredo Adán de Oro (FNMT-RCM). Máis información na páxina web de Correos

Ver imagen ampliada

Mellor selo combinadoV Centenario do Nacemento de San Francisco Xavier. Impreso en dúas cores intaglio e catro cores offset. Emisión do 7 de novembro de 2006. Tirada: 1.000.000. Gravador: Alfredo Adán de Oro (FNMT-RCM). Máis información na páxina web de Correos

Ver imagen ampliada

Capacidade de produción

Conta con rotativas que permiten imprimir selos de ata seis cores en oco gravado e combinacións de catro cores en offset, unha cor en oco gravado e impresión calcográfica a tres cores. Estes equipos están dotados de sistemas de control de rexistro e equipos de axuda á impresión, o que garante unha calidade que está avalada polo certificado AENOR ISO 9001. A conxunción de tantas posibilidades permite realizar traballos dunha grande beleza e complexidade técnica.

Ao servizo de Correos

As necesidades do servizo de Correos provocaron a aparición doutros productos como os Sobres Enteropostais, os Aerogramas, as Tarxetas do Correo e, máis recintemente, os selos autoadhesivos en rematados en pregos de 25 efectos ou en talonarios de 100 efectos.

Correos - sección de Filatelia

Gama de produtos

Os produtos filatélicos realizados pola FNMT-RCM son:

  • Selos: Serie Básica e Emisións Especiais (Selos engomados e autoadhesivos)
  • Follas Bloque
  • Sobres Enteropostais e Aerogramas
  • Tarxetas Enteropostais
  • Tarxetas do Correo
  • Documentos Filatélicos