Pasaporte electrónico

Pasaporte electrónico

O pasaporte electrónico español incorpora, seguindo a norma ICAO, un chip RFID embebido na súa portada posterior e que é capaz de identificar os seus titulares sen necesidade de contacto cos lectores.

No chip contéñense datos biométricos relativos á imaxe facial do titular do documento, así como os datos persoais incluídos nas liñas OCR.

Ademais, contén algunhas das últimas medidas de seguridade:

  • Impresión ultravioleta en todas as súas follas.
  • Folla de datos cunha lámina holográfica transparente que incorpora unha serie de efectos en relevo ou en movemento, así como microtextos e nanotextos, transformacións de textos e imaxes ou marcas de auga difractivas.
  • Unha imaxe pantasma da fotografía do titular impresa no medio da páxina.

Detalle de Pasaporte electrónico