Permisos de residencia

Permisos de residencia

Os sistemas de identificación a través de tarxetas son unha das opcións máis seguras para a protección da identidade. A FNMT-RCM pon todo o seu dispositivo técnico no desenvolvemento e investigación de técnicas cada vez máis seguras para ofrecer o mellor e máis fiable produto a un mercado cada vez máis esixente.

O material empregado para esta tarxeta de identificación é o policarbonato, material especialmente axeitado para a personalización en láser (branco e negro) e para documentos que requiran unha longa vida.

Componse dun núcleo que ha de ser protexido por un laminado.

Segundo as últimas recomendacións, estes documentos poderían incluír chips de radiofrecuencia. Estes dispositivos incluirían na súa memoria os datos biográficos do titular, así como as sinaturas dixitais que aseguran a autenticidade destes.

Este documento que ten un deseño común para toda Europa para os residentes de terceiros países, incorpora diferentes medidas de seguridade para evitar a súa falsificación.

Detalle de Permisos de residencia