Tarxeta Sinatura Electrónica

Tarxetas de sinatura electrónica

A tarxeta criptográfica, soporte da sinatura dixital, permite autenticar e garantir a confidencialidade entre os cidadáns, empresas e outras institucións e administracións públicas a través de redes abertas de comunicación, con aplicacións en numerosas xestións da e-Administración, como a presentación telemática da declaración do IRPF e outros impostos, consultas de vida laboral á Seguridade Social, compra-venda de valores do Tesouro, etc. Para iso é necesario previamente a Identificación electrónica.

A tarxeta criptográfica é tamén un documento de identificación físico e lóxico e pode ser usada como un elemento de control de accesos, permitindo aplicacións de correo seguro e servizos de autenticación única.

  • Tarxetas de funcionario
  • Carnés colexiais
  • Tarxetas de empresa

Tarjetas de firma electrónica