Preimpresión

A FNMT-RCM ofrece, a través do seu Departamento de Preimpresión, o servizo de deseño e orixinación, a integración de medidas de seguridade, o gravado, a fabricación e destrución de pranchas e, en definitiva, todo o necesario para un impresor de alta seguridade internacional.

No noso Departamento de Preimpresión para artes gráficas únense a tradición e a modernidade nun labor minucioso e creativo aplicado aos nosos produtos para dar cobertura ás necesidades de clientes institucionais e privados.

As tecnoloxías máis sofisticadas están ao noso servizo para garantir a máis absoluta seguridade.

  • Deseño e orixinación
  • Integración de medidas de seguridade
  • Maquetación e deseño gráfico
  • Experiencia internacional