Que facer se non vexo ben este sitio web

Este sitio web está desenvolvido e optimizado para cumprir as recomendacións e normativas web máis recentes, o que inclúe un alto nivel de estandarización, accesibilidade e usabilidade.

Poida que algúns exploradores máis antigos e de baixa taxa de utilización non mostren correctamente as páxinas deste sitio. Recoméndase actualizar o explorador.

Os exploradores da familia Internet Explorer dispoñen dun modo ou Visualización de compatibilidade, que inflúe en como se presentan algúns sitios web. É posible que este sitio web non se visualice correctamente se está habilitada a Visualización de compatibilidade para fnmt.es. Recomendamos quitar fnmt.es da lista de sitios coa Visualización de compatibilidade habilitada.

Solucións para os problemas coa Visualización de compatibilidade de Internet Explorer

En primeiro lugar, cómpre saber que versión de Internet Explorer ten instalada. Se non está seguro, pode comprobalo aquí.

Máis información do sitio oficial para IE11

Internet Explorer 9 e Internet Explorer 10

  1. En Internet Explorer, prema a tecla Alt para ver a barra de menús.
  2. Prema en Ferramentas e seleccione Configuración de Visualización de compatibilidade.
  3. Seleccione fnmt.es na lista "Sitios web que agregou á Visualización de compatibilidade".
  4. Prema Quitar.

Máis información do sitio oficial para IE9

Máis información do sitio oficial para IE10

Máis información do sitio oficial para IE10 para Windows 7

Internet Explorer 8

  1. En Internet Explorer, abra o menú Ferramentas (enriba de todo) e seleccione Configuración de Visualización de compatibilidade.
  2. Seleccione fnmt.es na lista "Sitios web que agregou á Visualización de compatibilidade".
  3. Prema Quitar.

Máis información do sitio oficial para IE8

Máis solucións

Se fnmt.es non aparece na lista de "Sitios web que agregou á Visualización de compatibilidade" ou se segue a ver unha advertencia despois de seguir as instrucións anteriores, confirme que instalou as actualizacións máis recentes de Windows.

Se non desexa instalar actualizacións e o problema non se solucionou, siga estes pasos:

  1. En Internet Explorer, abra o menú Ferramentas (enriba de todo) e seleccione Configuración de Visualización de compatibilidade. É posible que teña que premer a tecla Alt para ver a barra de menús.
  2. Confirme que fnmt.es non figura na lista "Sitios web que agregou á Visualización de compatibilidade". Se está na lista, prema Quitar.
  3. Na parte inferior da ventá, comprobe que NON estean seleccionadas as caixas "Incluír listas de sitios web actualizadas de Microsoft" e "Mostrar todos os sitios web en Visualización de compatibilidade".
  4. Prema Pechar.

 

Nota: Se o seu ordenador con Windows está xestionado por un administrador, como en moitas empresas, é posible que non poida acceder á configuración de Visualización de compatibilidade nin quitar fnmt.es desa lista. Nese caso, consulte o administrador ou o servizo técnico da súa organización.