Atrás A Obra

O cantar de xesta chamado Cantar de mio Cid é a primeira obra narrativa extensa da literatura española nunha lingua romance. Consta de 3735 versos anisosilábicos que relatan fazañas heroicas inspiradas libremente nos últimos anos da vida do cabaleiro castelán don Rodrigo Díaz de Vivar.

O poema está escrito en castelán medieval e composto ao redor do ano 1200 (datas post quem e ante quem: 1195-1207). Descoñécese o título orixinal, aínda que probablemente se chamaría xesta ou cantar, termos cos que o autor describe a súa obra nos versos 1085 e 2276, respectivamente.

Muestra la venganza de el Cid por la muerte de su padre. Forma parte de la Crónica de 1344, que está en la Academia de las Ciencias de Lisboa.

Argumento

O Cantar de mio Cid trata o tema da honra, un valor de grande importancia para a xente da época. A necesidade de recuperar a honra perdida é o que lles dá impulso ás fazañas acometidas polo heroe.

O poema iníciase co desterro do Cid, primeiro motivo de deshonra, tras unha acusación de roubo. Esta deshonra supón tamén o ser desposuído dos súas herdades ou posesións en Vivar e privado da patria potestade da súa familia.

Tras conseguir a conquista de Valencia, grazas á súa prudencia e astucia, o heroe consegue o perdón real e unha nova herdade, o señorío sobre Valencia. Para ratificar o seu novo status de señor de vasalos, concértanse as vodas das súas fillas con liñaxes do maior prestixio, como son os infantes de Carrión.

O destino, con todo, é imprevisible e transforma este momento de felicidade nunha nova caída da honra do Cid, debido ao agravio dos infantes ás fillas do Cid, que son vexadas, malferidas e abandonadas na carballeira de Corpes, feito que supón, segundo o dereito medieval, o repudio de facto destas por parte dos de Carrión.

Por este motivo o Cid alega a nulidade dos matrimonios nun xuízo presidido polo rei, no que os infantes de Carrión queden infamados publicamente e apartados dos privilexios que antes tiñan como membros do séquito real. Pola contra, as fillas do Cid concertan matrimonios con reis de España e chegan ao máximo ascenso social.