Atrás Obras
AUTORRETRATO CON L'HUMANITE, 1923
Esta obra representa un dos modelos do período cubista de Dalí no que segue a liña do clownismo de Rafael Barradas. Este artista uruguaio introduciu o futurismo e o cubismo que vira in situ en terras italianas e francesas. Rafael Barradas creara o denominado vibracionismo, que estaba baseado na síntese de planos cubistas e o dinamismo futurista, e esta influencia percíbese na obra de Dalí Autorretrato cubista, de 1923.
COMEZO AUTOMÁTICO DUN RETRATO DE GALA, 1933
Obra surrealista realizada por Dalí no ano 1932 na que manifesta a súa vontade por experimentar con diversos graos de terminación da imaxe.
O ESPECTRO DO SEX-APPEAL, 1934
Esta obra é coñecida co nome de Espectro da libido. Presenta algúns dos versos do poema "L' amour et a mémoire", onde o amor estaría representado por un corpo putrefacto e a memoria pola presenza dun neno pequeno: trátase do propio Dalí, situado na parte inferior dereita, vestido de mariñeiro en lembranzas dos seus anos infantís, e cun aro e un fémur que fai de vara.
TRISTAN E ISOLDA, 1944
Esta lenda medieval de Tristán e Isolda foi unha das que máis atraeu a imaxinación de Salvador Dalí. Narra a historia de dous amantes e acaba revelando o mito do amor imposible, ao que lle engade fortes compoñentes tráxicos. Salvador Dalí puido enfrontarse a un tema tan atractivo en diversas ocasións durante a década de 1940, en concreto, cando se lle encargou que realizase os escenarios para o ballet Tristán e Isolda de 1941 e para unha nova adaptación de 1944.
GALARINA, 1944/45
Antes de converterse por completo nun pintor de "estilo clásico", Dalí realiza este magnífico retrato de Gala, a súa musa, que lle levou máis de seis meses de traballo concluílo. O nome de Galarina púxollo Dalí como comparación e símil da Fornarina de Raphael.
A TENTACION DE SANTO ANTONIO, 1947
No cadro móstrase a santo Antonio Abad nun deserto, axeonllado e sostendo unha cruz feita con dúas varas para protexerse das tentacións que o atacan, co antigo xesto do exorcismo.
O cadro describe literalmente as tentacións ás que o home normalmente sucumbe: triunfo, sexo, ouro e riquezas.
RETRATO DE PABLO PICASSO NO SÉCULO XXI, 1947
Picasso sempre mantén moi bos lazos con Cataluña e desde os inicios da carreira de Dalí móstrase interesado pola súa obra. Así pois, non debe sorprendernos que na primeira viaxe de Dalí a París, o novo artista se apresure a visitar a Picasso. Este recíbeo no seu estudo e ensínalle a evolución naqueles momentos da súa obra, unha evolución que impresiona profundamente a Dalí. O novo estilo de Picasso, naqueles días bastante próximo ao de Breton, debe de inclinar por primeira vez cara ao surrealismo a maneira de pintar de Dalí.