Atrás Biografía
Isabel I de Castela, máis coñecida por Isabel a Católica, naceu na localidade de Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 22 de abril de 1451 no palacio do seu pai, Xoán II de Castela, casado con Isabel de Portugal.
Con moi poucas posibilidades de chegar ao trono de Castela no seu nacemento, a declaración de ilexitimidade da súa sobriña Xoana a Beltranexa converteuna en herdeira do seu medio irmán Enrique IV, aínda que tivo que vencer a guerra civil de 1475 a 1479 para ocupar o trono. O seu matrimonio con Fernando de Aragón permitiu restablecer a orde e a autoridade monárquica nas dúas Castelas, converténdose España nunha nación forte, dinámica e expansiva, na que tiveron lugar acontecementos tan importantes como a conquista de Granada e das illas maiores de Canarias, e o descubrimento de América en 1492.
Estes fitos históricos universalizaron a figura da raíña, que morreu en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Para conmemorar o V Centenario da súa morte, a FNMT-RCM procedeu á emisión, cuñaxe e posta en circulación dunha colección de moedas en calidade proof, así como unha moeda de 12 euros, conmemorativa de tan importante evento.
Se queres ampliar información, podes facelo a través das seguintes ligazóns:
- Deputación de Cáceres: V Centenario de Isabel a Católica. Arquivo homenaxe a Isabel a Católica no IV Centenario da súa Morte na Revista de Extremadura (1904).
- Arcebispado de Valladolid: páxina oficial V Centenario da Morte da Raíña Isabel a Católica.
- Medina del Campo: celebración do V Centenario da Morte de Isabel a Católica en Medina del Campo.
- Madrigal de las Altas Torres: V Centenario da Morte de Isabel a Católica.