Atrás Moedas
Cada moeda arrastra consigo un pequeno e singular anaco da historia. As moedas foran testemuñas de excepción, medios de expresión, vehículos de ideoloxías de cada un dos episodios que conforman a historia dun país, constituíndo un valioso e querido tesouro, de moito máis valor que o estampado no reverso.
Nacemento
O 19 de outubro de 1868 nace a peseta como unidade monetaria por decreto do Goberno Provisional tras o derrocamento de Isabel II. Este mesmo goberno decide centralizar toda a produción na Ceca* de Madrid, orixe do que é hoxe a FNMT-RCM. Desde entón acuñáronse na Fábrica todas e cada unha das pesetas que circularan ata a aparición do euro.
Cada peseta agocha as súas pequenas dimensións, a historia, a política, a relixión, a economía e máis a arte do instante no que se acuñou. A peseta alberga 134 anos de historia de España concentrada.
(*) Nome orixinario das casas de moeda.
Nome
A elección do nome debeuse principalmente á súa familiaridade de uso. Algunhas denominacións como marabedí, real, escudo, etc... quedaron sepultadas baixo o termo peseta, comunmente utilizado no período de Isabel II. Semella ser ademais, que xa en Cataluña circularan pesetas desde antes da Guerra da Independencia.
Primeiras moedas
Anverso
A primeira peza acuñada en 1869 á a unidade. Nace coa lenda de "Goberno Provisional" no anverso, en lugar de "España", que figurará nos seguintes acuñamentos e nos valores en prata. O motivo elixido foi a personificación de Hispania apoiada sobre os Pirineos, inspirada nas moedas do emperador Adriano. Pola súa parte, o bronce representaba a España como matrona sentada sobre as rochas. Ambas as dúas foron magnificamente gravadas por Luis Marchionni, que, desde 1861, ocupaba o cargo de gravador principal da Casa da Moeda de Madrid.
Reverso
O reverso dispúxose en prata co escudo de España. Mentres o bronce expoñía a figura dun león rampante sostendo o escudo, imaxe que deu pé á popular denominación de "perra gorda" ou "perra chica", dado que a xente veu un can onde figuraba un león. Tras un concurso internacional, extraéronse tres bosquexos distintos que serviron de inspiración para o modelo definitivo de Luis Marchionni.
Iconografía
Ao longo da existencia da peseta como sistema monetario, o deseño evolucionou marcado polas impresións de cada momento e en moi distintas direccións.
Desde a orixe
Segundo o establecido en 1869 mantense no reverso o escudo nacional de España, ao que se irán agregando modificacións. Nos anversos substitúese a presenza de Hispania pola efixie real.
A Segunda República marca a ruptura tipolóxica, introducindo motivos de inspiración republicana que ían coa condición do novo goberno. En ocasións os modelos xorden pouco elaborados pola urxente necesidade de acuñamento.
A chegada ao poder do xeneral Franco supón un xiro neste sentido, introducindo un retrato modelado en 1947 por Benlliure e adaptado por Manuel Marín. O retrato de madurez débese a Juan de Ávalos.
Ata os nosos días
A democracia manterá os tamaños e valores incorporando a imaxe do rei don Juan Carlos I así como o Escudo Real. Porén, desde 1990, os tipos renóvanse cada ano en pos dunha intención conmemorativa que puxo fin á tradición exclusivamente monárquica, dando entrada a motivos culturais, artísticos ou locais.
Valores
Os catorce valores inicialmente previstos non chegarán a materializarse ata o reinado de Alfonso XIII, onde se substituíron os metais preciosos por novos metais e aleacións, provocando a perda da paridade entre o valor intrínseco e o nominal. Aínda así, os acuñamentos de ouro mantivéronse ata 1904 e en prata ata 1933. Esta última deu paso á peseta amarela de latón coñecida popularmente como "la rubia". A partir de ese momento os acuñamentos baseáronse en cobre, aluminio e níquel e os deseños foran combinando todo tipo de aleaxes e tamaños.
A partir de 1989 e por razóns puramente económicas, que se engaden ao interese dos coleccionistas, sucédense ininterrompidamente acuñamentos en metais preciosos. O acto simbólico do último acuñamento da moeda de cen pesetas constitúe a fin da historia da peseta, as idas e vindas, as caras e os reversos da querida moeda.