Moeda Circulante

Moeda circulante

A fabricación de moeda metálica (tanto circulante como de colección) constitúe unha das liñas de produción máis importantes da FNMT-RCM. Como sucesora directa de Ceca* de Madrid, cuxas primeiras referencias históricas datan do século XV, o seu Departamento de Moeda é o de maior tradición dentro da entidade. Responsable da fabricación da moeda metálica para o Tesouro Público español, tamén realiza traballos para calquera outro país, empresa ou entidade que o solicite.

(*) Nome orixinario das casas da moeda.

Proceso de cuñaxe

O proceso de fabricación de moeda circulante constitúe unha perfecta simbiose entre a milenaria arte do gravado e a cuñaxe e os máis avanzados procesos industriais. Avance en canto a tecnoloxía e xestión de materiais, trazabilidade, robótica e automatización, cuxo fin último é dotar ás moedas da máis alta calidade e seguridade.

A cuñaxe de moeda circulada realízase en prensas de cuñar de última xeración, nas cales se alimenta o cospel ou disco preformado cun tórculo para axudar á realización da moldura da moeda e, se o deseño o esixe, motivos incusos no canto, igualmente realizados mediante tórculo.

A configuración final do produto obtense ao adaptarse o metal do cospel ás formas de cuño anverso, cuño reverso e virol, no instante da estampaxe, por efecto da presión transmitida polo movemento dos cuños.

Moedas conmemorativas

A partir do ano 2004, os Estados membros da UE teñen a facultade de emitir e poñer en circulación unha moeda conmemorativa de 2 euros cada ano, cun anverso distinto ao das moedas destinadas normalmente á circulación. Estas moedas son de curso legal en toda a zona euro. As moedas en euros non destinadas á circulación pasan a denominarse monedas de colección.

En cifras

Normativa e ligazóns

Tecnoloxía e innovación

A FNMT-RCM está capacitada para aplicar as últimas técnicas de deseño e fabricación co obxecto de alcanzar a máxima calidade e eficacia, dotando ás moedas das máis innovadoras medidas de seguridade.

Un exemplo do avance en novas técnicas de seguridade é a denominada imaxe latente, desenvolvemento propio da FNMT-RCM, que foi aplicado con éxito en moedas circulantes de países como Reino Unido, Xapón e Rusia. A imaxe latente permite unha dobre imaxe gravada que cambia segundo o ángulo de visión.
 

Recentemente, a FNMT-RCM desenvolveu a imaxe latente cuádrupla, que amplía ata catro as imaxes que se poden observar, segundo a incidencia da luz, latexando nunha mesma zona da moeda.

Imaxe latente cuádrupla – Máis información >>