Etiquetas de Seguridade
Etiquetas de Seguridade
A etiqueta de seguridade ten por obxecto asegurar a protección do consumidor cara a calquera tentativa de fraude. A través dun correcto etiquetado, visible e seguro, os cada vez máis esixentes consumidores teñen a certeza da lexitimidade do produto adquirido.
Continuando coa filosofía da calidade total que caracteriza todo o seu labor, a FNMT-RCM dispón dunha liña de negocio centrada no campo das etiquetas de seguridade, que goza dunha grande aceptación e prestixio.
Investigación e técnica
O continuo labor de investigación que a FNMT-RCM leva a cabo no campo específico das etiquetas de seguridade, posibilita unha mellora continua destes produtos, o que permite ofrecer ao cliente novas solucións en canto a soportes, tipos de impresión, elementos de seguridade, etc.
Solucións posibles
A FNMT-RCM realiza unha gran variedade de etiquetas que comparten dúas características:
- Seguridade: polas diferentes tecnoloxías aplicadas.
- Garantía: sinal de identidade de todos os produtos da FNMT-RCM.