Moeda de Colección

Moeda de Colección

A adquisición de moeda de colección vai máis alá do puro coleccionismo. Por unha banda adquírese un produto de valor recoñecido. Por outra, gárdase un fragmento de historia e dos acontecementos máis representativos plasmados nas diferentes pezas. A FNMT-RCM, como herdeira da Ceca de Madrid, conta cunha ampla experiencia na acuñación de moeda. En 1989 comezou a acuñación da primeira liña de moeda de colección, e ocupa na actualidade unha posición relevante nos mercados numismáticos internacionais.

(*) Nome orixinario das casas da moeda.

Altas calidades

A acuñación para moeda de colección realízase fundamentalmente en metais preciosos (ouro e prata), e se ofrece en acabados de máxima calidade ou proof. As acuñacións proof caracterízanse polo contraste entre as imaxens mateadas e o fondo en espello. Esta calidade conséguese mediante un tratamento especial do cuño mais, principalmente, por un proceso moi cidado e un rigoroso control de calidade que é característico da FNMT-RCM.

Coidado proceso de acuñación

A produción de moeda de colección comeza co deseño e gravado dos troqueles. Na FNMT-RCM, a acuñación realízase en prensas de alimentación manual. Con este proceso evítase o deterioro dos cospeles e obtense unha gran precisión, sendo posible golpear varias veces a mesma peza ata lograr a total expresión da imaxe. Un esmerado deseño e un proceso de acuñación unha a unha, complementado cunha revisión individualizada do produto rematado, máximo coidado na limpeza e inspección dos troqueles e mailo emprego das últimas técnicas en recobrimentos metálicos dos troqueles, ofrecen como resultado un produto de máxima calidade en moeda de colección e medallas.

Valor do coleccionismo

As distintas coleccións de moedas de colección ofrecidas pola FNMT-RCM permiten dispoñer dun produto dun valor recoñecido, testemuña dos acontecementos máis representativos da historia.

Enlace: Banco de España. Listado de moedas de colección emitidas en euros.

Destaca a emisión anual de diferentes coleccións e pezas individuais que son ofrecidas ao público e que gozan dunha gran acollida. Entre elas, as clásicas moedas en prata de 2.000 pesetas, que coa entrada do sistema monetario europeo, trasladou a valores de 12 €. Todavía entre as emisións de anos anteriores é posible adquirir algunhas destas pezas que tivieron tanto éxito. Ademais, está prevista a emisión e posta en circulación na zona euro de moedas conmemorativas de 2 euros. Pode atopar información sobre estas moedas na sección de moeda circulante.

Máis información: 'A moeda de colección na FNMT-RCM' (PDF - 242KB)

Outros produtos

Ademais de moeda de colección, a FNMT-RCM, fabrica outro tipo de produtos como son as medallas. A fabricación de troqueles de franquear e punzóns de contrastar metais preciosos, completan a gama de produtos ofrecida polo Departamento de Moeda. A FNMT-RCM está en condicións de afrontar a acuñación de calquera clase de moeda, medalla ou fichas para o máis variado tipo de aplicacións: casinos, teléfonos, etc.