Información Institucional

Información Institucional

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda é unha entidade pública empresarial (EPE) e medio propio (MP) da Administración xeral do Estado, de conformidade cos seus estatutos e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A continuación mostrámoslle un vídeo institucional. Se non pode visualizar o vídeo, pode descargalo no seu ordenador e intentar visualizalo máis tarde.

Estrutura e organigrama

Podes consultar a estrutura e o organigrama da FNMT-RCM na nosa páxina de transparencia institucional.

Tradición e Tecnoloxía de Seguridade

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) ofrece na fabricación de cada produto a experiencia centenaria do seu saber facer, a garantía dunha institución que aplica estritos mecanismos de control e seguridade, o compromiso de colaboración constante coa empresa pública e privada e, principalmente, a súa aposta polo futuro e polo desenvolvemento de tecnoloxía de última xeración. Todo para ofrecer a máxima calidade en cada unha das solucións nos seus diversos campos de produción.

Señas de identidade

A FNMT-RCM é unha entidade pública empresarial que está adscrita ao Ministerio de Facenda. É, por tanto, unha empresa que polo tipo de traballos que realiza ten un marcado carácter de servizo público. Por outra banda, está aberta á colaboración con entidades privadas en aqueles ámbitos que requiren un compoñente de seguridade e un estrito control da produción, cos que se gañou o recoñecemento e a confianza dos cidadáns.

Tódalas súas actividades fundaméntanse na seguridade integral, seguridade aplicada nos propios procesos de produción, nos produtos, no tratamento da información e nas súas instalacións.

Da experiencia á modernidade

Os produtos e servizos da FNMT-RCM caracterízanse polo saber facer e maila experiencia adquirida ao longo da súa existencia. A súa longa tradición xúntase a aposta pola tecnoloxía, o que lles leva a unha evolución constante que se reflicte na súa capacidade de fusionar tradición e modernidade, alcanzando produtos únicos e inimitables.

Tecnoloxía punta

As súas liñas de fabricación están dotadas dos medios técnicos máis avanzados, fruto dun permanente traballo de investigación que segue dúas estratexias: a continua revisión e posta ao día das tecnoloxías tradicionais e a entrada en novos ámbitos de fabricación, como as tarxetas intelixentes, que requiren entornos de alta seguridade.

Calidade acreditada

A FNMT-RCM garante a calidade de cada produto pondo toda a súa atención en cada un dos procesos de fabricación avalando a ausencia de defectos a partir dos múltiples controis e ensaios que se practican con todos e cada un dos produtos. Asemade, o sistema de calidade dalgunhas das liñas de fabricación máis importantes está baseado na norma ISO 9001 e certificado por AENOR.

Prestixio e experiencia internacional

Son os valores diferenciais da FNMT-RCM os que lle valeron a confianza dunha importante carteira de clientes a nivel nacional e internacional aos que ofrece solucións a medida.

A FNMT-RCM participa en diferentes foros entre os que destacan a Conferencia de Impresores de Billetes de Banco e maila Conferencia de Directores de Casas de Moeda. E cada día aumenta o volume de produción destinado á exportación.

Ollada histórica

A Fabrica Nacional de Moeda e Timbre nace en 1893 coa fusión de dous organismos seculares: a Casa da Moeda e maila Fábrica do Selo. Ámbalas dúas institucións compartían dende 1861 o edificio de Colón, aínda que eran independentes e tiñan administracións separadas. Dende entón e baixo o denominador común da seguridade, non deixou de estender o seu ámbito de actividade.

En 1940 comezaba a produción de billetes de banco e, en 1952, a fabricación de papel de seguridade.

A inauguración dunha nova sede en 1964, unida á calidade e a garantía de seguridade e control dos produtos, permitiu a realización de traballos como o Pasaporte e o Documento Nacional de Identidade.

Co a nova normativa sobre o xogo iniciouse a fabricación de cartóns de bingo e boletos de lotería.

A vocación de futuro e maila aposta polas novas tecnoloxías permitiu iniciar na década dos noventa dúas actividades que, dende o ponto de vista tecnolóxico, nada teñen que ver cos seus produtos tradicionais, destacan neste sentido as Tarxetas Intelixentes e a Certificación Electrónica.

A actividad produtiva lévase a cabo en dous centros industriais localizados en Madrid e Burgos.