Mint Director's Conference

Mint Directors' Conference

A Conferencia de Directores de Ceca - Mint Directors' Conference (MDC) estableceuse en 1962 por iniciativa das seguintes 10 Cecas Europeas: Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Países Baixos, Noruega, Suecia, Suíza e Reino Unido. Os obxectivos da Conferencia eran exclusivamente profesionais. Inicialmente, era unha asociación formada por colegas e amigos que asistían ás xuntanzas na súa condición de Directores de Ceca, non como representantes do seu Goberno.

Actualmente, a conferencia de Directories de Ceca reúnese cada dous anos congregando Cecas estatais de 44 países ademais doutros invitados e observadores.

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT-RCM), ademais de ser Membro Fundador, participou nos proxectos da Conferencia, desde as orixes desta dunha forma permanente, desenvolvendo importantes tarefas dentro da organización entre as que cabe destacar a xestión da Oficina de Recompilación de Datos Estatísticos que se lle encomendou na V Edición da MDC que se celebrou no ano 1968 en Stuttgart (Alemaña) e os títulos de Secretario Xeral e o Secretariado Permanente da Conferencia, cargos que ostentou desde a creación do Secretariado durante a XIX MDC que se celebrou en 1996 en Varsovia, Polonia.

A FNMT-RCM renunciou voluntariamente durante a Reunión de Asuntos Internos da XXIII MDC celebrada o mes de marzo de 2004 en San Francisco, a estas responsabilidades, por entender que outros países tamén deben ter a oportunidade de levar a cabo estas tarefas. Porén, continúa colaborando estreitamente coa MDC cunha importante participación.

A Conferencia por dentro

Os seus obxectivos son, ademais das cuestións monetarias, a discusión de aspectos legais, técnicos, económicos e numismáticos relacionados ca moeda e máis a súa circulación. Así mesmo, tómanse decisións sobre mecánica interna, estatutos ou grupos de traballo.

A Conferencia de Directores de Ceca ten un Consello que está formado por un Presidente, un Vicepresidente e un Secretario Xeral.

Grupos de Traballo e Membros

A través da MDC establécense grupos de traballo compostos polos membros da Conferencia co obxecto de avanzar en diferentes aspectos relacionados coa moeda. Actualmente existe un gran grupo centrado no estudio técnico do sistema único de moeda europeo, pero, igualmente, existen outros grupos cuxos esforzos diríxense cara a aspectos máis xerais como pode ser a calidade.

Se desexa maior información sobre calquera dos membros e organización, así como da composición dos diferentes grupos de traballo, pode acceder a través da páxina web da MDC (en inglés):

Estrutura da MDC

Lista de membros da MDC

Secretariado Permanente da MDC

O Comité Executivo da MDC no seu labor de apoio ao Consello conta co Secretariado Permanente da MDC que actualmente ostenta a Real Casa de Moeda de Holanda, en Utrecht, Países Baixos.

Entre as suas funcións cabe destacar:

  • Planificar as Asambleas.
  • Garantir a circulación dos datos da Oficina de Recompilación de Datos Estatísticos.
  • Garantir a circulación dos datos da Oficina de Rexistro de Moedas.
  • Garantir a circulación das conclusións dos Grupos de Traballo.
  • Servir de vínculo entre o Consello e os demais Membros da MDC.
  • Xestionar as solicitudes de ingreso de novos membros e dunha forma xeral contactar cos medios informativos e cos representantes das compañías relacionadas.

Para maior información poden contactar con:

  • Secretario General de la MDC
  • Sr. Maarten T. Brouwer
  • Director Gerente de la Real Casa de la Moneda de Holanda
  • Leidseweg, 90 3531 BG Utrecht. PAÍSES BAJOS
  • Teléfono: +31 30 2910497
  • Fax: +31 30 2938344
  • E-mail: secretariat.mdc@coins.nl

MDC