Sector Sanitario

Sector Sanitario

O sector sanitario require, pola súa transcendencia social, unhas exixencias de seguridade e calidade moi superiores a moitas outras áreas de consumo. Consciente das necesidades deste sector, a FNMT-RCM realizou un grande esforzo en chegar a un produto que cumprira ao máximo as exixencias de garantía e seguridade. O resultado son as Etiquetas Sanitarias, produto de éxito e grande aceptación no sector farmacéutico.

Etiquetas Sanitarias

Coas Etiquetas Sanitarias, a FNMT-RCM quere axudar a que o mercado farmacéutico conte con todas as garantías que merece, pois ao seu final está a saúde das persoas. A Etiqueta Sanitaria, polas súas características técnicas, permite ao consumidor comprobar con facilidade que o produto que adquire é auténtico e non foi manipulado. A etiqueta consta de dúas capas, unha delas removible. Ademais da calidade e a seguridade, presentes en todos os seus produtos, a FNMT-RCM dá confianza aos consumidores, valor fundamental nun sector que ten á saúde como fin último. A Etiqueta Sanitaria é un produto desenvolvido pola FNMT-RCM.

Etiquetas sanitarias