Servizos

Servicios

Cunha longa tradición, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) traballa para entidades públicas e privadas, ofrecendo solucións adaptadas, con total garantía de custodia dos datos facilitados, deseñando e fabricando documentos aos que incorpora as máis adiantadas medidas de seguridade, desenvolvendo novos sistemas de identificación...

A súa actividade comprende a fabricación de papel de seguridade, a impresión de billetes de banco, selos de correo, precintos fiscais, etiquetas de seguridade, documentos de identificación, pasaportes, entradas de espectáculos, a cuñaxe de moedas circuladas e de colección, o desenvolvemento e a fabricación de tarxetas intelixentes e certificados dixitais e os servizos de implantación e desenvolvemento integral de sistemas nacionais de identificación.

Os seus produtos e servizos sempre incorporaron o saber facer, a experiencia e a aposta pola tecnoloxía máis adiantada en cada momento histórico. Un grande abano de solucións de calidade amplamente recoñecida con certificacións internacionais.